miércoles, 22 de junio de 2022

Fin dunha etapa marabillosa

Damos por rematada a fin dunha etapa marabillosa, desexovos o mellor nesta nova etapa, seguide como ata agora e sobretodo sede felices.



ANIVERSARIOS VERÁN

 Hoxe celebramos os aniversarios dos nosos compis de verán: Gala, Vera e Alén








jueves, 16 de junio de 2022

A unhas horas da graduación...

A unhas horas da graduación sólo dicirvos que para min foi unha gran etapa que me levarei para sempre no meu corazón e espero que vós tamén. 

Nestes tres anos pasamos moitas horas xunt@s e vivimos cousas moi boas e outras que nos custaron un pouquiño máis (pandemia, adaptación a nova realidade...) pero a pesar de todo sempre o afrontamos con valentía e sacando o mellor de nos mesm@s. Agora tócanos vivir unha nova etapa a vós en primaria e a min pero estou segura que estamos máis que preparados, non hai que terlle medo os cambios pois sempre surxen como ocasión para renovarnos e para conseguir novas metas. 

Nesta nova etapa que vos vai tocar vivir vades ter sensacións de todo tipo pero tamén novas oportunidades, novas aprendizaxes, novas ilusións e  unha gran evolución así que ADIANTE!

O dito e sen máis enredos deséxovos o mellor, espero que sigades sendo como as formigas, traballando en equipo, axudando os compis que o necesitan e sobretodo sendo boas persoas. Eu sempre vos levarei nunca parte do meu corazón.

Profe Gabriela