viernes, 24 de abril de 2020

Abril semana 27/30

https://drive.google.com/drive/u/1/folders/1qMaH98VLOijbxENcrJBIcguAOEGrqm0B

Soprando as velas

Uxía e Lino quixeron compartir con nos a celebración dos seus aniversarios, saben que no cole os celebramos o último venres e están desexando ver a sorpresa que lle temos preparada para a semana.


viernes, 17 de abril de 2020

Abril semana 14/17

MERENDAS SAUDABLES 3.0
Nesta cuarentena é moi importante manter os hábitos saudables nos nenos e nenas e que eles mesmos teñan conciencia deles. Que coman saudable, que fagan algo de exercicio e que manteñan certas rutinas na medida do posible.
Os nosos artistas gustoulles a idea e fixeron unhas merendas moi apetecibles e divertidas. Quedaron moi ben e este foi o gran resultado.


miércoles, 15 de abril de 2020

Merendas saudables

Ola familias!
Como ben sabedes hoxe tocaría merendar froita no cole e de cara a primaveira tiñamos previsto facer un taller deste estilo cos nenos e nenas. Deixámosvos algunha idea que podedes facer cos peques esta semana.






martes, 7 de abril de 2020

Aniversarios Marzo

¿Quen dixo que a cuarentena nos iba impedir felicitar as nosas compis?


jueves, 2 de abril de 2020

Día 2 de Abril do 2020

Tal día coma hoxe celébrase o Día mundial de concienciación sobre autismo e o Día internacional do libro infantil e xuvenil. Deixamos dous contos interesantes que falan sobre a educación inclusiva.

O conto El cazo de Lorenzo que fala sobre a historia dun neno cun cazo vermello que lle pon certas dificultades que pouco a pouco aprende a superar.



O conto Por cuatro esquinitas de nada que ten como protagonistas ás figuras xeométricas (círculo e cadrados).