lunes, 31 de enero de 2022

DÍA DA PAZ NO COLE










LUNS 31 XANEIRO

Bos días familias!

Hoxe ademais das rutinas vamos celebrar o día da paz. Pintaremos esta mándala con acuarelas e celebraremos o acto no cole o ritmo desta canción. Deixovos o enlace por si queredes facer a mandala e a canción.

https://drive.google.com/drive/folders/1O7-sLyr5nwTbjU3cp2JJ3hDFANCiGarq

Canción Danza da Paz.




miércoles, 26 de enero de 2022

XOVES 27 XANEIRO

 Bos días familias!

Hoxe na rutina diaria repasaremos oralmente os números de 10 en 10 para diante e para atrás: 10, 20, 30, 40, 50, 60, 70, 80, 90 e 100. Despois contarán do 1 ao 39 seguido e cando rematen elexides un deses números ao azar e terán que coller tantos palillos como indica o número ( poño palillos pero pode ser con calquer cousa que teñades). Se quereres complicarllo podedes dicirlles cantas decenas e cantas unidades ten ese número.

Como traballo individual repasaremos a letra T cunha ficha sinxela. Deixovos o enlace e se tedes calquer dúbida escribídeme ao correo. 


Moito ánimo e o dito xa queda un día menos!!

ACTIVIDADE MESA DE LUZ

Asimilando contidos a través da mesa de luz. Hoxe traballamos a lecto de maneira divertida: Pedriñas, moedas e letriformas. 




 

martes, 25 de enero de 2022

MÉRCORES 25 XANEIRO

Bos días familias!

Espero que o estedes levando da mellor maneira posible, xa queda menos!!

Deixovos o que vamos a facer e si tedes alguna dúbida comentádeme ao correo.

Seguimos repasando a letra S pois esquecérasenos un pouco. Vades ter dúas fichas sinxelas.

Na primeira terán que unir as letras en minúscula coa súa corresponde maiúscula. Despois terán que completar con sa,se,si,so e su as palabras que faltan e copialas debaixo.

Na segunda terán que recortar as sílabas sa,se,si,so,su e pegalas no debuxo correspondente.

Tamén vos deixei unha ficha de lectura que vamos practicar na aula por si quereres repasala con eles.

https://drive.google.com/drive/folders/1NkbjQFTC6J242A-Lw_TOQ_gBggMCHQiX?usp=sharing

A modo manipulativo podedes repasar as vogais e as consoantes que vimos en minúscula con plastilina.

Isto e voluntario e cada quen ten a súa situación particular non pasa nada se non se fai, xa que cando se incorporen repasarei con eles/as.  Estade tranquilos/as por iso e levadeo o mellor posible.




lunes, 24 de enero de 2022

MARTES 25 XANEIRO

Bos días familias!

O martes remataremos a última ficha do caderno 1 de mates + . Deixovos aquí o enlace da ficha e outro con xogos de sumas.

http://www.penyagolosaeduca.com/ca/sumas-con-el-karateca-fase-2-de-la-suma/

https://drive.google.com/drive/folders/15YFyxA4rWWgQvi_K0ZcXfhfypwXhfEfJ?usp=sharing

Estas actividades como vos digo son de xeito voluntario e se tedes alguna dúbida ou queredes comunicarme algo escribídeme ao correo.


LUNS 24 XANEIRO

Bos días familias!

O primeiro de todo desexarvos moito ánimo, espero que vos atopetes ben e todas aquelas familias que decidistes deixar como medida os vosos fillos na casa non vos preocupedes porque deixarei o traballo publicado no blogue cada día.

Hoxe despois da rutina repasaremos a letra S a través de xogos, deixovos aquí o enlace:

https://view.genial.ly/6033d5189fbc300d16744628

Despois practicaremos a parte de lectura cunha fichiña sinxela, deixovos o enlace:

https://drive.google.com/file/d/1Zwaw7Tx1eoL-ReYkcC8JxI1viCRIo5qk/view?usp=sharing

Estas actividades son de éxito voluntario e se tedes alguna dúbida ou queredes comunicarme algo escribídeme ao correo.