miércoles, 26 de enero de 2022

XOVES 27 XANEIRO

 Bos días familias!

Hoxe na rutina diaria repasaremos oralmente os números de 10 en 10 para diante e para atrás: 10, 20, 30, 40, 50, 60, 70, 80, 90 e 100. Despois contarán do 1 ao 39 seguido e cando rematen elexides un deses números ao azar e terán que coller tantos palillos como indica o número ( poño palillos pero pode ser con calquer cousa que teñades). Se quereres complicarllo podedes dicirlles cantas decenas e cantas unidades ten ese número.

Como traballo individual repasaremos a letra T cunha ficha sinxela. Deixovos o enlace e se tedes calquer dúbida escribídeme ao correo. 


Moito ánimo e o dito xa queda un día menos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario