lunes, 30 de marzo de 2020

Orientacións semanais

Boas familias!!! Para facer máis levadeira esta semana na casa imos a propoñer tres tipos de actividades para que as levedes a cabo de xeito voluntario:
1- Aproveitando que a semana pasada comezou a primavera, podedes prantar unha semente de calquer tipo (lentella, leituga, calquer tipo de pranta...) nun recipiente calquera. Irémola regando e observando como brota.
2- Levar a cabo actividades e xogos coa letra I.
3- Levar a cabo actividades e xogos con triángulos (debuxalo, diferencialo de outras figuras, facer seriacións...).
4- Mandarme un vídeo polo correo electrónico para felicitar os aniversarios das nosas compañeiras o venres 3/04/2020  para simular na medida do posible a celebración no cole.
Moito ánimo!!!

miércoles, 25 de marzo de 2020

Ioga animais mariños






Aquí vos deixo un vídeo para practicar posturas sobre animais mariños e poder así relaxarse dunha forma diferente e divertida.

Conto O monstruo de cores e o coronavirus



Este conto está xenial pois explicalle os nenos e nenas esta situación desde un personaxe que xa coñecen.

Aquí vos deixo unha ficha para que os peques pinten. Todo sempre de xeito voluntario e segundo as necesidades de cada quen.

jueves, 19 de marzo de 2020

Monstruo de cores



É moi importante nestes momentos que expresen como se sinten e para iso deixovos os monstruos de cores e a canción.


SUXERENCIAS PARA XOGAR
https://escuelainfantil.net/el-monstruo-de-colores/

Ventanita de la clase


Na asamblea xogamos a ver o tempo collendo un micrófono máxico e repetindo esta poesía con xestos (eles e elas seguro que se lembran). O encargado ou encargada vai a ventá da clase e dinos o tempo que fai e que roupa levamos posta, se precisamos paraugas, botas, bufanda, gorra... Seguro que lles gusta mostrarvos o micrófono máxico e os xestos.

miércoles, 18 de marzo de 2020

Traballamos así de ben


Intentade na medida do posible que os nenos e nenas disfruten xogando e que manteñan certas rutinas para porlle esta situación máis fácil e que mellor maneira que adicando un ratiño ao día a repasar contidos de xeito manipulativo como podedes ver neste vídeo.

SUXERENCIAS PARA XOGAR

Podedes coller azucre, sal ou pan raiado e botalo nun prato ou bandexa e que eles/elas dibuxen as letras e os números, poñan o seu nome, fagan algunha figura xeométrica ou se debuxen é divertido e fácil de facer.


Conto "Por el camino"




Aquí vos deixo un conto que traballamos na aula titulado "Por el camino" que podedes ver  e seguro que a eles e elas lles vai encantar pois é como facíamos na clase para repasar a recta numérica do 1 ao 10 de xeito musical.

Así traballamos o número 1



A lecto-escritura alcánzase nun estado de madurez axeitado e a súa aproximación a esta pode facerse a través de infinitos medios que nada teñen que ver cun lápiz ou un papel pois as veces o único que conseguen é frustar os nenos e as nenas. Lograrán mellores resultados e sobretodo resultados máis durareiros a longo prazo.

lunes, 16 de marzo de 2020

Entroido 2020



Aniversarios Decembro e Febreiro


Importancia da relaxación


Nos nenos e nenas a relaxación e fundamental pois serve para diminuir o estrés muscular e mental, axudar a aumentar a confianza nun mesmo, a memoria e a concentración o cal permite mellorar a calidade da aprendizaxe.

Magosto 2019


Rutinas e actividades


Os nenos e nenas na súa vida diaria están experimentando continuamente... son os/as autores/as da sua propia historia; é algo innato esta necesidade de explorar o seu mundo, manipular os obxectos e investigas que é o que sucede no seu entorno coa finalidade de poder entender a sua realidade, é dicir, desexan coñecer o por qué de todas as cousas. Por iso debemos estar ahí para motivar, ofrecer, animar, acompañar e lograr mellores resultados.





Samaín 2019


Aniversarios Setembro e Outubro




viernes, 13 de marzo de 2020

Benvida familias

Estimadas familias!
Douvos a benvida ao blog da aula de 3 anos no que colgarei fotos e vídeos dos traballos que vamos facendo e celebracións que se vaian realizando.