lunes, 30 de marzo de 2020

Orientacións semanais

Boas familias!!! Para facer máis levadeira esta semana na casa imos a propoñer tres tipos de actividades para que as levedes a cabo de xeito voluntario:
1- Aproveitando que a semana pasada comezou a primavera, podedes prantar unha semente de calquer tipo (lentella, leituga, calquer tipo de pranta...) nun recipiente calquera. Irémola regando e observando como brota.
2- Levar a cabo actividades e xogos coa letra I.
3- Levar a cabo actividades e xogos con triángulos (debuxalo, diferencialo de outras figuras, facer seriacións...).
4- Mandarme un vídeo polo correo electrónico para felicitar os aniversarios das nosas compañeiras o venres 3/04/2020  para simular na medida do posible a celebración no cole.
Moito ánimo!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario