martes, 25 de enero de 2022

MÉRCORES 25 XANEIRO

Bos días familias!

Espero que o estedes levando da mellor maneira posible, xa queda menos!!

Deixovos o que vamos a facer e si tedes alguna dúbida comentádeme ao correo.

Seguimos repasando a letra S pois esquecérasenos un pouco. Vades ter dúas fichas sinxelas.

Na primeira terán que unir as letras en minúscula coa súa corresponde maiúscula. Despois terán que completar con sa,se,si,so e su as palabras que faltan e copialas debaixo.

Na segunda terán que recortar as sílabas sa,se,si,so,su e pegalas no debuxo correspondente.

Tamén vos deixei unha ficha de lectura que vamos practicar na aula por si quereres repasala con eles.

https://drive.google.com/drive/folders/1NkbjQFTC6J242A-Lw_TOQ_gBggMCHQiX?usp=sharing

A modo manipulativo podedes repasar as vogais e as consoantes que vimos en minúscula con plastilina.

Isto e voluntario e cada quen ten a súa situación particular non pasa nada se non se fai, xa que cando se incorporen repasarei con eles/as.  Estade tranquilos/as por iso e levadeo o mellor posible.




No hay comentarios:

Publicar un comentario